Somos conscientes de que unha das maiores riquezas de Galicia é a nosa gastronomía, e estamos orgullosos diso. Por esta razón, desde o Restaurante Ozio queremos ofrecer tanto aos nosos hóspedes como a quen non o son unha experiencia gastronómica baseada en produtos frescos e de proximidade.
Tamén contamos cun servizo de bar dispoñible de 08:00h a 23:00h, onde poderás gozar do lugar ideal para facer unha pausa despois dun día de turismo e atopar un espazo de tranquilidade para ti e os teus acompañantes.
Horario do restaurante:
Xantar: 13:30h – 15:30h
Cea (domingo a xoves): 20:30h – 22:30h
Cea (venres e sábados): 20:30 – 23:00h