Somos conscientes de que unha das maiores riquezas de Galicia é a nosa gastronomía, e estamos orgullosos diso. Por esta razón, desde o Restaurante Ozio queremos ofrecer tanto aos nosos hóspedes como a quen non o son unha experiencia gastronómica baseada en produtos frescos e de proximidade.
Tamén contamos cun servizo de bar dispoñible de 08:00 a 23:00 h, onde poderás gozar do lugar ideal para facer unha pausa despois dun día de turismo e atopar un espazo de tranquilidade para ti e os teus acompañantes.
Horario do restaurante:
Xantar: 13:30 – 15:30 h
Cea (domingo a xoves): 20:30 – 22:30 h
Cea (venres e sábados): 20:30 – 23:00 h